Monumento a Jan Hus

Coordenadas: 50°5′16″N 14°25′16″L / 50.08778, -14.42111

Monumento a Jan Hus.

O Monumento a Jan Hus (en checo: Pomník mistra Jana Husa) atópase no centro da praza da Cidade Vella de Praga. A colocación da primeira pedra tivo lugar en 1903 e foi inaugurado, aínda que non oficialmente, o 6 de xullo de 1915 con ocasión do quinto centenario da morte na fogueira do reformador.

Hus mira de pé a igrexa da nosa Señora de Týn, principal templo husita entre 1419 e 1421. Rodéano, por unha banda, guerreiros husitas e, polo outro, unha serie de figuras que representan ó pobo checo obrigado a abandonar o país en 1620 trala derrota dos protestantes na batalla da Montaña Branca.

As inscricións, tomadas algunhas de textos do propio Hus, foron engadidas trala fundación en 1918 da República de Checoslovaquia.[1][2]

  1. Monumento a Jan Hus
  2. Monumento a Jan Hus en la Plaza de la Ciudad Vieja

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search